Persoas xordas de Galicia reclaman a presenza da lingua de signos en todos os ámbitos

Con motivo da celebración o vindeiro sábado, día 23 de setembro, do día das linguas de signos e das persoas xordas, a entidade sinala que a comunidade internacional de persoas xordas (que a OMS cifra en 1.500 millóns de persoas) e o seu movemento asociativo, encabezado pola WFD (Federación Mundial de Persoas Xordas), celebran estes días a Semana Internacional das Persoas Xordas reivindicando os dereitos do colectivo en todo o mundo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 18/09/2023 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia reclamou a presenza da lingua de signos en todos os ámbitos e normalizar o seu uso como "unha lingua máis". Con motivo da celebración o vindeiro sábado, día 23 de setembro, do día das linguas de signos e das persoas xordas, a entidade sinala que a comunidade internacional de persoas xordas (que a OMS cifra en 1.500 millóns de persoas) e o seu movemento asociativo, encabezado pola WFD (Federación Mundial de Persoas Xordas), celebran estes días a Semana Internacional das Persoas Xordas reivindicando os dereitos do colectivo en todo o mundo.

A federación galega, así mesmo, destaca que a Confederación Estatal de Persoas Xordas fixo público un manifesto no que traslada as súas reivindicacións e reclama "situar as linguas de signos no eixo de calquera política pública e normalizar o seu uso como unha lingua máis". Neste sentido, o colectivo aplaude a recente normativa que recoñece a lingua de signos española e regula os medios de apoio á comunicación oral para as persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.

Este texto legal, apunta a federación, "non só recoñece a identidade lingüística da comunidade xorda que utiliza a lingua de signos española e a lingua de signos catalá", explican, "senón que establece as obrigas necesarias para que as persoas xordas podamos elixir, sen imposicións de ningún tipo, que lingua queremos utilizar".

Coa "lei na man", as entidades de persoas xordas fan un novo chamamento tanto ao Goberno central como aos autonómicos para que garantan o seu cumprimento de forma igualitaria en todo o territorio español e conten coa colaboración do propio colectivo para implementar as accións de toma de conciencia e formación necesarias para asegurar o pleno acceso das persoas xordas á comunicación e á información. En Galicia, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) sinala que se dará cita, xunto ás súas 8 asociacións o día 30 en Pontevedra para dar visibilidade a estas reivindicacións a través dunha marcha reivindicativa e actividades culturais.

Lingua de signos, interpretación, intérprete, persoas xordas
Lingua de signos, interpretación, intérprete, persoas xordas | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta