Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/03/2025 | Actualizada ás 12:46
O XV Congreso Nacional do PSdeG contará como actividade paralela cunha Ágora de Debate Europa, promovido polo Grupo dos Socialistas Demócratas do Parlamento europeo. O eurodeputado Nicolás González Casares avanzou este xoves o programa desta iniciativa, que se desenvolverá nunha zona do edificio Fontán habilitada como Espazo Europa.
Trátase, explicou, de contribuír á análise sobre tres cuestiones de máximo interese para Galicia na actual conxuntura económica, política e social, aproveitando a reunión do máximo órgano dos e as socialistas de Galicia, pero facéndoo "desde perspectivas europeas". Para iso contarase "con compañeiros e compañeiras e tamén con expertos externos" que contribuirán ao debate dos problemas "que de verdade preocupan á cidadanía" e que tamén teñen un compoñente europeo.
A Ágora Europa contará con tres coloquios que se desenvolverán ao longo da tarde do sábado. Tras a inauguración, por parte do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, ás 16,00 horas, abrirase o debate 'A crise da vivenda: un problema europeo'.
Na primeira, participarán a tenente de alcalde e responsable das áreas de Urbanismo e Vivenda no Concello de Vigo, María José Caride; o secretario de Estudos e Programas do PSOE, ademais de portavoz de Vivenda no Senado, Javier Izquierdo, e o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval. Encargarase de moderar a secretaria de Política Económica e Transformación Dixital do PSOE, Enma López Araújo.
A segunda mesa, entre as 17,00 e as 17,50 horas, leva por títulos 'A UE ante a nova xeopolítica: a derivada galega'. Intervirán a directora de gabinete adxunta do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Adriana Viz Fernández; o secretario do PSOE Exterior e membro da Asemblea Parlamentaria da OTAN, o senador César Mogo, e o secretario de Política Europea e de Transformación Dixital do PSdeG, o eurodeputado eurodeputado Nicolás González Casares. Levará o debate o secretario de Análise e Prospectiva do PSdeG, Iván Puentes.
Finalmente, o último debate, de 18,00 a 18,50 horas, versará sobre 'A lingua galega, unha lingua europea', coa presenza da deputada galega e directora en excedencia da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueira, e o catedrático de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo e ex membro do comité de expertos da Carta Europea para as linguas rexionais ou minoritarias do Consello de Europa, Fernando Ramallo, con moderación de González Casares.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.