Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2025 | Actualizada ás 10:45
Penedo do Galo, no municipio lucense de Viveiro, rexistra a máxima de vento en Galicia nesta xornada de alerta laranxa na costa ao alcanzar os 133,7 quilómetros por hora durante a madrugada. Segundo a información de Meteogalicia, tamén Punta Candieira, en Cedeira (A Coruña), superou os 100 quilómetros por hora (115,6 km/h) durante a madrugada.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou a alerta laranxa este xoves na costa galega por fortes ventos e ondas de máis de cinco metros. Segundo datos de Portos do Estado, a boia situada en cabo Vilán, na Costa da Morte, durante a madrugada deste xoves producíronse ondas superiores a seis metros de altura.
Meteogalicia indica que Galicia queda este xoves na influencia de borrascas atlánticas e ventos húmidos e cálidos de compoñente sur. Hai unha temperatura á alza e vento do suroeste.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.