En declaracións aos xornalistas no inicio do curso, a alcaldesa, Inés Rey, aludiu á "desidia" por parte do Executivo galego en relación ao mantemento dos centros e asegurou que, por ese motivo, o goberno local está a preparar un informe "con todas as necesidades dos centros para trasladalo á Xunta".