Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 03/02/2024 | Actualizada ás 10:30
Hai un recuncho no concello de Ames que non podes perderte se queres pasar unha tarde entretida en familia e se buscas plans para facer con nenos. Chámase oficialmente carballeira de Paramuíño, e atópase ao lado do CEIP de Ventín e do campo de fútbol de Biduído, pero xa ninguén lle chama así. Dende fai uns anos recibe o nome de Carballeira dos Trasgos, e é que se atopa habitada por seres das lendas e contos galegos. Un fermoso trasgo subido a unha árbore dá a benvida aos visitantes, que poden coñecer, ao mesmo tempo que se deleitan coa ducia de figuras de animaliños, os seus nomes en galego. Nomes tan fermosos como píntega, vacaloura, xoaniña, donicela, xeneta, bubela, bolboreta ou curuxa. Anímaste a buscalos todos?
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- A plataforma para rexistrar reserva de viaxes xa computou máis de 230.000 datos
- Publican as puntuacións definitivas para ingresar en dez categorías do Sergas
- A A-6 sufrirá esta semana cortes de tráfico nun carril polas obras de reparación do firme en Becerreá
- Gran mobilización de medios para sufocar o incendio nun barco do estaleiro Nodosa, en Marín
- Cachan aos cinco integrantes dun grupo criminal que roubou 80.000 euros en xoias nunha tenda de Vilagarcía
- Operación Capilla: desarticulan unha organización criminal adicada a extraer marisco de forma ilegal na ría de Ferrol