Galicia, terceira comunidade con menos alumnos por profesor, segundo o Ministerio de Educación

O informe 'Datos e cifras curso escolar 2024/2025' revela que a proporción en Galicia é de 9,9 alumnos por profesor, moi por debaixo da media española de 11,3.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/09/2024 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O Ministerio de Educación, FP e Deportes, no informe de 'Datos e cifras curso escolar 2024/2025', sitúa a Galicia como a terceira comunidade que conta con menos alumnos por profesor nos ensinos de réxime generl non univeristarias, por detrás de Cantabria e Estremadura.

Nun comunicado, a Xunta detallou que, como indican os datos do Ministerio, a proporción de alumnos por profesor en Galicia é de 9,9, mentres que no conxunto de España sitúase en 11,3.

Así o expuxo este sábado o conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, durante a súa visisita ás obras de mellor do Colexio CEIP de Vite, en Santiago de Compostela.

Os datos publicados polo Ministerio corresponden ao curso 2022/23 cando a comunidade contaba con 30.571 profesores, cifra inferior aos 31.603 docentes que integran o cadro de persoal deste curso.

APOIO AO TALENTO CIENTÍFICO

Por outra banda, o conselleiro clausurou a xornada de 'Encontro polo talento', unha cita que reúne a entidades e particulares vinculados coa investigación, o talento e o emprendemento. Alí, destacou a importancia de "traballar todos en conxunto", tanto a Administración como o sector privado, para reforzar o talento.

Román Rodríguez afirmou que o coñecemento e o talento son a "nova riqueza das nacións". Por iso, a Xunta traballa para promovelos en todo o ecosistema de I+D+i galego con diferentes iniciativas.

Estudantes, Aulas, Computadores
Estudantes, Aulas, Computadores | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta