Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2024 | Actualizada ás 14:21
Profesorado, alumnado e asociacións de pais e nais marcharon este sábado polas rúas de Santiago de Compostela para denunciar a "propaganda e os recortes" da Xunta nos centros educativos.
Convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público --composta por entidades de distinta natureza, como o BNG, Galiza Nova, a CIG e a Confederación Anpas Galegas, entre outras--, a manifestación partiu da Alameda compostelá pasadas as 12.15 horas e transcorreu por Praza de Galicia, Doutor Teixeiro e a rúa do Hórreo, para entrar no centro histórico e concluír na Praza de Praterías, onde se leu un manifesto.
En declaracións aos medios antes de iniciar a protesta, o secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, acusou á administración autonómica de "total inmobilismo nas condicións de traballo do profesorado", así como nas condicións de atención ao alumnado con necesidades especiais.
"A situación que a día de hoxe atravesan moitos centros é idéntica: recortes e menos profesorado, con peores condicións, cocientes que non se están cumprindo e pretendemos evidencialo para dicirlle ao conselleiro que é un mentireiro, que o que di é unha falsidade absoluta e que a educación pública merece algo máis que alguén á fronte que non se cansa de mentir", criticou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.