Por Europa Press / Redacción | Compostela | 06/12/2024 | Actualizada ás 15:40
Un total de 48 alumnos dos 105 que recibirán a axuda da Xunta deste curso a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster ofertado polas universidades públicas de Galicia estudan o máster de profesorado, segundo informou este sábado a Xunta nun comunicado.
Ademais da titulación de profesorado, outras que destacan nesta última convocatoria son os másteres de Prevención de Riscos Laborais, con catro, e os de Finanzas e Intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos, con tres cada un.
En total, 67 dos beneficiarios por estas axudas estudan na Universidade de Vigo, 27 na da Coruña e 12 na de Santiago. Do mesmo xeito, hai máis mulleres presentes nesta convocatoria, 67, que homes, 38. A finalidade destas axudas é ampliar a formación na comunidade e facilitar o acceso a estudantes en desemprego a uns estudos que lles doten de máis oportunidades nun mercado laboral globalizado. Estas contraprestacións varían entre os 591 euros e os 835,80 euros, dependendo do caso de cada estudante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.