Educación anuncia reforzo de profesorado a través do Programa PROA+ en case 300 centros

"Con esta nova incorporación de profesorado seguimos cumprindo co calendario previsto para este plan, que comezou coa incorporación en setembro dos primeiros docentes de reforzo, vinculados ao primeiro programa, o Promociona", afirma Román Rodríguez

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2024 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou que a Xunta vai reforzar o persoal de profesores en case 300 centros a través do programa PROA+.

Diso informou na visita ao instituto IES de Cacheiras (Teo), un dos centros beneficiarios que recibirá ao novo profesor en próximos días, en relación con esta segunda das medidas do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia.

Educación publicou a resolución provisional deste programa para que un total de 298 centros teñan este reforzo docente. Por provincias, 97 son centros da Coruña, 42 de Lugo, 53 de Ourense e 106 de Pontevedra.

"Con esta nova incorporación de profesorado seguimos cumprindo co calendario previsto para este plan, que comezou coa incorporación en setembro dos primeiros docentes de reforzo, vinculados ao primeiro programa, o Promociona", afirma Román Rodríguez.

Leste mesmo martes tamén se publica a convocatoria do programa de referentes, que ten como finalidade crear unha rede de centros educativos que destaquen en materia de inclusión e innovación educativa e supoñan un exemplo de boas prácticas. Os colexios que desexen sumarse a este terceiro programa do Plan MEGA poderán solicitalo desde este mércores, 16 de outubro, ata o 13 de novembro. Poderán facelo en dúas modalidades diferentes, unha centrada nos proxectos de inclusión educativa e outra nos de innovación.

Os centros seleccionados desenvolverán o seu proxecto ao longo do curso 2024/25, para o que contarán co apoio específico do departamento educativo da Xunta. Ao mesmo tempo, darase aos centros unha asignación extraordinaria para o desenvolvemento dos proxectos, para o que a convocatoria está dotada cun orzamento de dous millóns de euros.

Román Rodríguez visita o IES de Cacheiras. XUNTA
Román Rodríguez visita o IES de Cacheiras. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta