A CIG denuncia o uso indebido de fondos europeos para a contratación de persoal docente

Recorre o cesamento en xuño de profesores e profesoras contratados co Plan MEGA.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2024 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

O sindicato CIG confirmou á presentación de recurso contra o cesamento a 30 de xuño do profesorado contratado no marco do Plan MEGA 2024-25, e reclamou á Xunta que rectifique e que eses contratos se estendan ata o 31 de agosto, xa que ese persoal "non está a substituír a ninguén e realizan as funcións ordinarias das súas especialidades".

Segundo CIG-Ensino, os 159 postos de traballo ofertados o pasado 9 de setembro (aos que se engaden os 4 postos ofertados ao día soguiente) "non seguen os criterios de ningún contrato programa" e son adxudicacións de empregos que a Xunta utiliza para cubrir postos necesarios para o ordinario funcionamento dos centros, "e que previamente foron negados en xuño".

Así, a central denunciou que "se están desviando fondos" que deberían destinarse ao alumnado con necesidades educativas especiais dentro do programa de inclusión educativa financiado con máis de 3 millóns de euros de fondos europeos, a través do Ministerio de Educación.

CESAMENTO "ILEGAL" E "DISCRIMINACIÓN"

Ademais, sobre o cesamento a 30 de xuño, o sindicato considérao "ilegal" porque "non están a substituír a ninguén", e criticou a "discriminación" que supón o feito de que , simultaneamente a esas contratacións e nas semanas seguintes "están a adxudicarse prazas para facer o mesmo traballo", e sen que tampouco haxa profesores substituídos, aínda que con contratos ata o 31 de agosto.

No caso dos 163 postos do plan MEGA, hai 121 a xornada completa e 42 a media xornada, e entre o 9 de decembro e o 11 de outubro ofertáronse un número elevado de prazas (a xornada completa e a media xornada) como "interinidade sen sustituído". En numerosos casos, denunciou CIG-Ensino, "as funcións que realizan uns e outros son exactamente as mesmas", polo que "se estaría producindo unha discriminación sen ningunha razón obxectiva".

Por outra banda, o sindicato reclamou que se modifique o criterio doutros nomeamentos de profesores substitutos para ocupar postos de docentes que deixan os centros para facer funcións que implican a súa ausencia durante todo o curso. "Non estamos ante unha verdadeira sustitución senón ante unha artimaña da Xunta para evitar o pago dos meses de xullo e agosto, motivo polo que cesan a este persoal a 30 de xuño", subliñaron, e lamentaron que isto non ocorrería se se respectase o dereito, "arrebatado en 2012" pola Xunta, ao pago dos meses de verán ao persoal substituto que traballa cinco meses e medio ao longo do curso.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidade, Román Rodríguez, presenta o primeiro plan de capacitación para o profesorado de FP.. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidade, Román Rodríguez, presenta o primeiro plan de capacitación para o profesorado de FP.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta