Os sindicatos piden un aumento do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) de entre 1.000 e 1.100 euros, os empresarios piden unha conxelación da cantidade actual, 950 euros, debido á situación sanitaria e social. A Organización Internacional do Traballo considera necesario o SMI para evitar capas amplas de pobreza e que dito salario debera ser, cando menos, o 60% do salario medio dun país.