Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 19:09
O vicepresidente segundo da Xunta de Galicia e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, recibiu do presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros, un documento con propostas "urxentes" para preservar o tecido empresarial e promover a súa recuperación.
"Desde a CEP queremos achegar co que consideramos que deben ser as claves para contribuír á recuperación da actividade no difícil momento actual. É urxente protexer ás empresas, para protexer o emprego e, a partir de aí, centrarse nos sectores máis golpeados polas restricións e consecuencias da pandemia", destacou o presidente da confederación pontevedresa.
Neste encontro institucional, Cebreiros, segundo informa a patronal de Pontevedra, deu conta a Conde da iniciativa de creación dunha aceleradora, xurdida no marco do 'CoLogistics', proxecto europeo que lidera a CEP e no que participa a Xunta de Galicia a través do Igape, entre outras institucións da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O terceiro aspecto abordado por Conde e Cebreiros foi a preparación, por parte da Confederación de Empresarios de Pontevedra, dun borrador inicial de proxecto tractor para as empresas galegas cuxa presentación é "inminente" e que ten por obxectivo optar ás convocatorias de fondos europeos do próximo programa marco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.