Feridas catro persoas tras un accidente con sete vehículos implicados que corta a AG-11 en Rianxo

Un dos feridos foi atropelado ao baixar do seu coche para auxiliar a un condutor que se saíu da vía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2024 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas, unha delas atropelada, tras un accidente con sete vehículos implicados que obrigou a cortar a AG-11 á altura do quilómetro 14 en dirección ao municipio coruñés de Ribeira.

Accidente na AG-11. BOMBEIROS DE BOIRO
Accidente na AG-11. BOMBEIROS DE BOIRO | Fonte: Europa Press

O suceso produciuse ao fío das 9,30 horas deste sábado cando un turismo se saíu da vía e como consecuencia outro condutor se baixa para auxilialo e resulta atropelado por un terceiro vehículo.

Por mor diso, as colisións encadeáronse e implicaron a sete vehículos. Ademais, catro persoas resultaron feridas, unha delas a persoa atropelada, que foron trasladas en ambulancia ao Hospital de Santiago. Ata o punto desprazouse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Boiro, Protección Civil de Rianxo e persoal de mantemento da vía.

O tráfico xa quedou restablecido tras o accidente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta