Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/11/2022 | Actualizada ás 22:00
Galicia volve ás guerras localistas dos medios de comunicación dos anos noventa e, desta volta, a conta dun "suculento" pastel enriba da mesa; unha cabeceira histórica, a de El Correo Gallego, o xornal da capital de Galicia, que leva desde o verán en concurso de acreedores. A decisión final está moi próxima e o xulgado encargado do caso, ten enriba da mesa xa un informe do administrador concursal designado polo propio xulgado que é ben contundente.
Nun primeiro momento, foron tres os interesados por facerse con esta histórica cabeceira; o grupo de comunicación Prensa Ibérica --editora das cabeceiras Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña--, o grupo Voz e un unha alianza entre ACCA Media S. L., Numancia Capital S. L. e Blecua Capital S. L. U., un consorcio de empresas con polémicos xestores, entre eles, o fundador de Blussens, José Ramón García, con causas xudiciais pendentes. O Grupo Voz finalmente decidiu non pugnar por este xornal e os contendentes foron, finalmente, dous.
OFERTAS
Nun primeiro momento ACCA Media S. L., Numancia Capital S. L. e Blecua Capital S. L. U. dixo que se constituiría unha sociedade que asumiría 25 postos de traballo, ademais do persoal que agora está a prestar servizos a través dunha empresa de traballo temporal (ETT). A outra oferta, a de Prensa Ibérica, sinalaba na súa oferta que se subrogarían 20 traballadores de persoal e 8 dos da empresa de traballo temporal.
El Correo Gallego, que no ano 2016 contaba con 154 traballadores, ten na actualidade 46 en persoal e 14 contratados a través da ETT, segundo a documentación da Administración concursal.. A 31 de marzo deste ano, o balance indicaba unha débeda a longo prazo de 3.722.995 euros e, a curto prazo, de 16.283.189 euros. Ten, por tanto, unha débeda acumulada de 20 millóns.
Posteriormente, o xulgado abriu unha segunda quenda para incorporar melloras ás ofertas orixinais, unha "subastiña", tal e como se coñece no argot xudicial. Nesta segunda quenda, o conglomerado das tres empresas decidiu ir a por todas e propuxo facerse cargo da case totalidade dos traballadores actuais. A oferta de Prensa Ibérica foi máis modesta, pero compromeuse a aumentar o número de traballadores de persoal.
Nesta segunda fase, a oferta de ACCA Media S. L., Numancia Capital S. L. e Blecua Capital S. L. U. contou, co apoio do Grupo Voz, que se retirara na fase inicial do proceso. Nun documento ao que tivo acceso Galicia Confidencial, La Voz, asume o compromiso de reforzar a súa colaboración para "la viabilidad y competitividad" da unidade produtiva de El Correo Gallego se no proceso concursal aberto é adxudicataria á oferta presentada polo conglomerado de empresas.
O INTERESE DE LA VOZ E DE PRENSA IBÉRICA
E porque fixo isto La Voz?. A pesar deste apoio explícito do grupo de comunicación coruñés, o certo é que non hai nada firme. A pesar de que gañara, finalmente, esta oferta, nen CCA Media S. L., Numancia Capital S. L. nen Blecua Capital S. L. U. estarían comprometidos a que rotativa do Grupo Voz imprima os xornais de El Correo Gallego ou a manter ningún acordo comercial.
O apoio de La Voz a unha das ofertas é unha decisión estratéxica e ben motivada ante a posibilidade de que o grupo Prensa Ibérica poida facerse con esta cabeceira histórica que, aínda que, con numerosas débedas, é un "suculento pastel" en canto a influencia política e, sobre todo, publicitaria, principalmente de deputacións e Xunta. Reeditase, unha vez máis, a guerra polo poder mediatico de Galicia dos anos 90 e principios do 2000, cando La Voz decidiu abrir una potente edición en Vigo e Prensa Ibérica contraatacou abrindo na Coruña o xornal La Opinión de A Coruña.
E é que se o grupo de comunicación de Javier Moll se fai, finalmente, con El Correo Gallego, tería tres xornais en tres cidades estratéxicas de Galicia: La Opinión de A Coruña, en A Coruña; El Correo en Santiago de Compostela e Faro de Vigo, en Vigo. Tres xornais nas tres cidades máis importantes do Eixo Atlántico, de importante tiraxe, e nas que se decide, principalmente, a vida política e económica de Galicia.
Por iso, para La Voz é prioritario que non gañe a oferta de Prensa Ibérica porque tería un serio competidor a nivel xornalístico en Galicia que, con tres cabeceiras, podería poñer en perigo o control que o grupo coruñés exerce na política local, provincial e autonómica e a boa sintonía que ten coa Xunta de Galicia e con grandes poderes económicos, sobre todo, na provincia da Coruña.
OS INTERESES DE JOSÉ RAMÓN GARCÍA E ENRIQUE DUEÑAS
Pero neste proceso tamén hai outros intereses que non teñen tanto que ver co xornalístico, senón probablemente co persoal. José Ramón García, fundador de Blusens e agora dono de Acca Media, leva anos interesado en facerse con El Correo Gallego.
De feito, a relación con Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego xa ven de lonxe. Acca Media está domiciliada desde o 2019 no número 10 de la calle Polonia, no Polígono de Costa Vella, en Santiago de Compostela. A mesma ubicación á que se trasladou El Correo Gallego en 2017, tras abandonar a súa histórica sede en O Preguntorio, no centro do casco vello de Compostela.
José Ramón García tamén está involucrado en asuntos xudiciais. O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela decretaba hai un ano a apertura de xuízo oral contra o fundador de Blusens e outros oito acusados por un delito contra a propiedade intelectual polo caso do seu receptor que facilitaba o acceso a contido 'pirata'.
Pola súa banda, Luis Enrique Dueñas, empresario madrileño, é dono de Blecua Capital. Dueñas tamén ten participacións en 26 sociedades diferentes e, ademais, é presidente de Mercadeuda, dedicada á compra de dereitos de cobro de empresas que se atopan en liquidación. Este empresario tamén está salpicado por temas xudiciais. O seu nome aparece en multitude de ocasións no sumario da Operación Titella, que investiga unha suposta macroestafa que pivota ao redor da figura de José Luís Moreno.
"Non está mal ter un xornal cando estás salpicado por casos xudiciais", apunta un veterano xornalista consultado por GC. De feito, a posibilidade de facerse cun medio de comunicación pode ser un xeito para "gañar influencia" en determinados sectores da política, da economía e mesmo da xudicatura.
O PAPEL DE JOSÉ MANUEL REY NÓVOA
Segundo fontes de asociacións da prensa consultadas por GC, todo o que ten acontecido en El Correo Gallego nos últimos anos non se entendería sen José Manuel Rey Nóvoa, director do xornal. En abril de 2018, José Manuel Rey Novoa asumiu a presidencia do Grupo Compostela, editor do xornal, en substitución e Fernando Barrera Morate. Rey Novoa relevaba, deste xeito, á familia Barrera –histórica propietaria do grupo de comunicación--, na cabeceira do grupo.
Un ano antes, o grupo chegou a barallar unha oferta de compra do xornal que non saíu adiante, precisamente, polas diferencias entre a familia Barrera e cargos directivos do xornal sobre as remuneracións económicas e o seu papel no futuro grupo, entre elas, a de Rey Nóvoa.
As fontes consultadas por este medio indican que, desde entón, nada se move en El Correo sen que pase polas mans do seu director e presidente. "E Rey Nóvoa está, desde o primeiro momento, do proceso decantado pola oferta de CCA Media S. L., Numancia Capital S. L. e Blecua Capital S. L. U.", indican. De feito, o director do medio defendeu varias veces esta oferta ante os seus traballadores e chegou a dicir que era a "única" coa que poderían continuar traballando.
Hai unhas semanas tiña lugar unha votación entre os traballadores do xornal sobre a preferencia nas ofertas e gañaba por maioría a do conglomerado de empresas, aínda que era moi diferente o resultado entre os contratados por ETT e os contratados en plantilla. Así, entre os primeiros arrasaba a oferta do conglomerado de empresas, mentres que entre os traballadores fixos do medio era de 30 a favor desa oferta e 15 a favor da de Prensa Ibérica. "Tendo en conta que aí votaron todos os directivos e ata o presidente, realmente a oferta de José Ramón gañou só por 8 votos", apuntan fontes da emrpesa.
Finalmente, dos 59 votos emitidos, 41 foron a favor desa proposta e 17 para a oferta de Prensa Ibérica. O resto, nulos ou brancos. Detrás desa votación, segundo as fontes consultadas, estivo a man do director.
E por que Rey Nóvoa apoia esta oferta?. "Porque sabe que, con ela, seguiría ao fronte do xornal, mentres que se gaña a de Prensa Ibérica, tería que marchar para casa", din as fontes consultadas.
A DECISIÓN FINAL
Polo momento, o xuíz non tomou unha decisión final. Decisión que pronto chegará porque na mesa ten xa un informe contundente do administrador concursal, a persoa que o xulgado puxo ao fronte do xornal durante estes meses. E, segundo fontes próximas ao caso consultadas por Galicia Confidencial, a decisións deste "árbitro" é favorable á oferta de Prensa Ibérica. Algo que non ten gustado en absoluto aos integrantes da outra oferta.
De feito, o propio xornal que está en concurso de acreedores e que dirixe Rey Nóvoa publicou un demoledor artigo de opinión asinado por Miguel Ángel Tobías, fundador de Acca Media e productor de 'Españoles por el mundo', no que se critica de xeito indirecto o resultado do informe do administrador concursal.
Así, e de a xeito de fábula, Tobías escribe en "No se puede jugar a Dios... si no lo eres", un relato no que "tres" consiguen salvar un barco á deriva e a súa tripulación nun trasunto que ben podería ser o que acontece con El Correo Gallego. "Cuando el barco milagrosamente tocó tierra, la misma autoridad con la que los tres habían hablado, inexplicablemente requisó el barco y les dijo a los salvadores, que si querían quedarse el barco iban a tener que defender su posición, y que todo el que quisiera podría pelear por él", escribe.
E continúa... "Pues bien, por increíble que parezca, el árbitro lacayo y miserable, viendo que no podría decantar la victoria hacia su favorito ante la autoridad competente si le decía la verdad del resultado del combate, hizo un informe de la contienda mintiendo, manipulando y tergiversando lo que había sucedido, a tal punto que, no solo hacía parecer que los contrincantes la habían ganado, sino que incluso pareciera que ellos eran los salvadores del barco y el grupo de “os tres" unos parias".
E como cren que remata a historia os "tres" embarcados nesta oferta?. "¿Queréis saber cómo acabó todo esto? Pues bien... no está muy claro porque ya sabéis lo que pasa con las historias antiguas, que se transmiten oralmente de generación en generación, y que a veces se pierden algunas partes. Hay quien dice, que la autoridad, al darse cuenta del intento de engaño del árbitro lacayo, le llamó a su despacho y antes de desterrarle para siempre y sin honores le dijo: “Te encargué que dirimieras un combate, que en realidad ahora, tras haber reflexionado sobre todo lo sucedido, pienso que nunca debió producirse, ya que los legítimos dueños del barco deberían haber sido automáticamente quienes sin necesidad de jugarse su vida, su prestigio, su dinero, le echaron huevos para ayudar a salvarlo y salvar así a sus tripulantes, ya que sin su intervención cuasi milagrosa e in extremis, el barco efectivamente ya no existiría y sus tripulantes tampoco. Pero bien, ya que decidimos que hubiera ese combate, para ser más puristas que la pureza de María, lo que no puedes hacer es manipular la pelea no solo ya para que no haya un combate justo, sino para que lo ganara quien más conviene a tus intereses, inconfesables? ¿Quién eres tú para jugar a ser Dios?”. Y le prohibió volver a pisar la tierra del reino y por supuesto jamás volvió a ejercer de árbitro en un combate.
Fontes consultadas por GC suliñan que este artigo sentou moi mal en esferas xudiciais. "Quizais Deus faga xustiza divina e os tres que van de salvadores non volvan pisar a terra do reino e teñan que pedir perdón ao árbitro do combate", ironizan. En todo caso, queda xa moi pouco para saber que un xuíz, que non Deus, decida sobre o futuro desta histórica cabeceira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.