Malia esta quita, Editorial Compostela segue a deber 15 millóns ás entidades bancarias, a gran maioría á banca que xurdiu das caixas de aforros. Aos traballadores aínda lles ten que pagar 1,4 millóns, cun plan de pago a longo prazo. Tamén ten 1,2 millóns de débedas con Facenda e a Seguridade Social. Con todo, o director, en declaracións a GC, confía en que cumprirá moitos anos máis.