Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/12/2020 | Actualizada ás 22:00
A Xunta de Galicia segue sendo unha das principais vías de financiamento dos grandes grupos mediaticos de Galicia. Ano tras ano, o Goberno de Feijóo inxecta millóns de euros en convenios publicitarios que subscriben as distintas consellerías e tamén a Secretaría Xeral de Medios. Precisamente, este departemento volve destinar cando acaba o ano unha nova remesa de cartos. Unha cantidade que supón máis de 1,752 millóns en concepto de "axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radidifusión"
LA VOZ
A convocatoria publicouse no DOG deste 30 de decembro, en plenas festas do Nadal e o principal beneficiario volve ser o Grupo Voz. De feito, este grupo de comunicación, que nos últimos tempos se ten posicionado claramente á dereita e cunha defensa acérrima do goberno de Feijóo, recibe axudas por catro vías diferentes. Unha "cortesía" que só se ten con este medio.
Este grupo de comunicación recibe case a metade de todas as axudas, máis de 850.000 euros. Delas, 541.708 é para o xornal impreso. A segunda, de 294.360 é pola súa web e a terceira é pola súa radio, Radio Voz, con 17.679. Chama a atención outra axuda que esta radio, cuxa audiencia é moito menor ás grandes cadenas radiofónicas, recibe de 118 euros pola súa web.
OUTRO MEDIOS
A infinita distancia de La Voz sitúanse o resto dos grupos mediaticos galegos. E neste segundo grupo os mellor posicionados son Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña, do grupo Prensa Ibérica. Faro de Vigo leva en total 312.324 euros tanto polo xornal en papel como pola súa web e La Opinión de A Coruña, 52.958. En total, este grupo leva 365.292.
Curiosamente, El Correo Gallego volve estar ausente este ano, como aconteceu nos últimos anos deste tipo de axudas pola fonda crise que o levou a despidos, ao impago de nóminas e a unha débeda de 15 millóns de euros con Facenda e a Seguridade Social. O pasado ano, Editorial Compostela, que edita este medio, recibía 73.000 euros.
Logo está El Progreso que recibe 156.385 euros polo xornal e pola web. A este diñeiro hai que sumar o recibido por Diario de Pontevedra, tanto na súa versión escrita como web, que suman 78.457 euros. Deste xeito, o Grupo El Progreso recibe case 234.842 euros.
Pola súa banda, o Grupo La Región recibe 122.698 euros pola Región e 32.349 por Atlántico diario tanto polas cabeceiras en papel como polas versións webs. En total, 154.047Finalmente, o Grupo La Capital, que edita entre outros, El Ideal Gallego e Diario de Ferrol, recibe 35.540.
En Radios, a que máis recibe é a Cadena Ser, a través das distintas radios asociadas en Galicia con case 102.013. Logo a Cadena Cope, con 73.000. Despois Onda Cero, con 44.700 e Radio Voz, case 17.680
CRÍTICAS
Non é a primeira vez que os sindicatos denuncian esta masiva inxección de cartos públicos a determinados medios. A CIG ten criticado a súa convocatoria pola "inexistencia de motivación real para esta subvención sen concorrencia competitiva". O sindicato considera que o único obxectivo deste tipo de convocatorias é "soster economicamente a súa actividade dando máis cartos canta maior difusión teñan, sen outra finalidade", o cal "ten como resultado financiar aos grandes grupos de sempre".
O paradoxal destas axudas é que, sobre o papel, están destinadas a favorecer a "liberdade de expresión" e fomentar uns medios "máis plurais e independentes", e mesmo buscan "a potenciación da lingua e cultura galega" e "a galeguidade", pero chega con dedicar tan só un 8% do total do espazo á lingua propia de Galicia para recibir cartos.
a) Axudas a xornais impresos en formato papel
Entidade beneficiaria |
Importe da axuda (€) |
Editorial La Capital, S.L. |
29.657,05 |
El Progreso de Lugo, S.L. |
129.659,23 |
Faro de Vigo, S.A. |
239.991,18 |
La Opinión de La Coruña, S.L. |
38.007,58 |
La Región, S.A. |
107.255,22 |
La Voz de Galicia, S.A. |
541.708,75 |
Lérez Ediciones, S.L. |
68.194,90 |
Rías Baixas de Comunicación, S.A. |
28.514,70 |
b) Axudas a empresas radiofónicas privadas
Entidade beneficiaria |
Importe da axuda (€) |
Radio Coruña, S.L. |
25.314,49 |
Radio Lugo, S.A. |
1.843,59 |
Radio Orense, S.A. |
28.547,84 |
Radio Pontevedra, S.A. |
19.259,77 |
Radio Popular, S.A. |
72.990,31 |
Radio Vigo, S.A. |
26.226,93 |
Sociedad Española de Radiodifusión, S.L. |
19.825,81 |
Uniprex, S.A. |
54.712,11 |
Voz de Galicia Radio, S.L.U. |
17.679,15 |
c) Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa pola internet
Entidade beneficiaria |
Importe da axuda (€) |
Editorial La Capital, S.L. |
5.880,09 |
El Progreso de Lugo, S.L. |
26.726,57 |
Europa Press Delegaciones, S.A. |
1.746,03 |
Faro de Vigo, S.A.U. |
72.333,18 |
La Opinión de La Coruña, S.L.U. |
14.951,25 |
La Región, S.A. |
15.443,80 |
La Voz de Galicia, S.A. |
290.627,64 |
Lérez Ediciones, S.L. |
10.263,38 |
Radio Coruña, S.A. |
824,45 |
Rías Baixas de Comunicación, S.A. |
3.835,78 |
Virtual Vedra Comunicación, S.L. |
4.527,71 |
Voz de Galicia Radio, S.L.U. |
118,23 |
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.