Endesa, a empresa que pecha As Pontes, compra as portadas de case todos os xornais galegos

Unha das multinacionais máis contaminantes do Estado e da que depende o futuro de centos de traballadores da Coruña e Lugo mercou a portada e contraportada de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña, El Progreso ou El Correo Gallego, entre outros. Destacados xornalistas alertan do control que estas empresas teñen dos medios de comunicación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/12/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Xusto o día no que comeza o Cume Mundial do Clima en Madrid (COP25), Endesa, unha das grandes multinacionais que opera en España decidiu comprar as portadas de multitude de medios de comunicación, tanto estatais, como autonómicos ou rexionais. Unha operación poucas veces vista e que puido costar millóns de euros.

As portadas dos medios de comunicación de Galicia mercadas por Endesa
As portadas dos medios de comunicación de Galicia mercadas por Endesa | Fonte: GC

Curiosamente, Endesa é a propietaria da central térmica nas Pontes, unha central que está a piques de pechar e que provocará que miles de persoas queden sen traballo. Algúns deses traballadores, transportistas do carbón, protagonizaban este luns un corte na entrada do Porto Exterior de Ferrol con algunha dentención.

Endesa cotiza en bolsa, forma parte do ibex 35, e é principal compañía eléctrica do estado español. Os seus principais accionistas son ENEL (67%) e Acciona 25%. E, a pesar do gran capital económico que acumula non ten ningún plan alternativo ao peche das súas centrais térmicas que convenza aos traballadores. Con todo, non lle importa gastar millóns de euros en campañas publicitarias. 

Precisamente, esta empresa que quere pechar As Pontes foi a que mercou a portada dos principais medios de comunicación de Galicia. Cabeceiras como la Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña, El Progreso ou El Correo, entre outros, aparecían este luns coa portada e contra portada pagada por Endesa. Nela destaca que presenta no COP25 de Madrid, “sus soluciones para una sociedad libre de emisiones”, xunto con outras noticias nas que se destacan os logros desta empresa.

Endesa, ademais da central das Pontes posúe varias centrais hidroelécticas en Galicia, a Central do Eume no río Eume; a Central da Ribeira nas pontes; a de Quereño I e II e Cornatel, en Rubiá; a de Santo Agostiño, en Viana do Bolo e a de Prada na Veiga. Tamén posúe os parques eólicos da Faladoira en Mañón e Ortigueira, o Couto Teixido en Mañón, Ortigueira e As Pontes, Pena Ventosa en Viveiro, O Vicedo e Ourol, o Chan do Tenón en Viveiro e O Vicedo e o Leboreiro en Muras.

AS GRANDES EMPRESAS E O CONTROL DOS MEDIOS

En abril, o xornalista David Jiménez publicou o libro “El director”, unha recensión do ano que pasou ano que pasou como director de El Mundo. Nel fala da serie de pactos tácitos, non escritos, entre os grupos de comunicación e as grandes empresas polos que ambas as partes gañan e o lector perde.

Trátase dunha sorte de fondo de réptiles de carácter privado. A cambio dunha vía de financiamento extra que puidese ser o flotador ao que agarrarse para cadrar o balance de contas anual, as grandes corporacións garántense o silencio dos medios sobre as súas malas prácticas, os seus desmáns ou aquelas cuestións que poden embazar a imaxe dos seus cargos directivos”, recolle este luns o xornal El Salto.

Este sistema é denominado por Jiménez  “Los Acuerdos”, polo que Telefónica, o Banco Santander ou El Corte Inglés, por exemplo, destinan cuantiosos intereses en forma de coberturas amables como contrapartida por inxectar liquidez ás empresas informativas. Vai máis aló dos contratos publicitarios posto que asegura que, en ocasións, estas cadeas de favores establécense con empresas que non compran anuncios nos medios.

Tamén Pascual Serrano conta en "Desinformación. Cómo los medios ocultan el mundo”, os grandes intereses que existen entre as grandes empresas e multinacionais e os medios de comunicación. Unha serie de intereses que se miden na participación directa destas empresas no accionariado dos grupos mediaticos e outras veces, de xeito indirecto, a través de grandes sumas de diñeiro en publicidade encuberta. “Compran o dominan a los medios para tenerlos controlados”, recolle neste libro Serrano.

SANTANDER

 

Non é a primeira vez que unha grande emrpesa do Ibex25 merca as portadas dos grandes medios. Tamén no 2015 o Banco Santader gastou millóns de euros en facer o mesmo que Endesa cos 14 xornais de maior tirada, entre eles, La Voz de Galicia e Faro de Vigo.O obxectivo desa acción era dar a coñecer o seu programa de bolsas en pemes para mozos matriculados aínda na universidade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 paletismo ilustrado¡¡¡¡

unha neveira na parte de atrás dun coche oficial foi portada estratéxica e debatido moitos días conseguindo o que xa sabemos....agora o mesmos medios tapan estratéxicamente a desfeita da sanidade e o enorme dano a industria que se está facendo en Galicia.... os cidadáns creemos todo o que nos din estes diarios ou dunha vez faremos autocrítica .... a medalla de ouro ao paletismo está en xogo... veremos o resultado das eleccións...

2 Gamela

Que os medios ocultan o mundo é xa unha evidencia! Pero non contentos con ocultar o mundo real, agora van máis alá e diríamos que os medios VENDEN o mundo! Se queres ver o mundo cor de rosa, PAGA. Se non podes pagar o mundo será en branco e negro... Pero o mundo é o que somos capaces de facer e mesmo de imaxinar... Este outro mundo nunca sairá nos medios, afortunadamente. Pero mercar portadas de xornais ao Santander saiunlle a conta cando se quedou co Popular por 1 € simbólico! (claro que os accionistas disque os roubaron!)

1 lino

Así estamos....prensa de papel...jeje