Críticas a El Correo Gallego por suxerir que a lúa podería influír nos crimes de sangue

A asociación de Xornalistas Galegas vén de cargar contra o xornal compostelán pola "gravísima irresponsabilidade" da nova.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2021 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

Críticas a El Correo Gallego pola recente información do xornal compostelán sobre dúas investigacións de crimes de sangue. O diario afincado na capital galega referiu o asasinato de dúas nenas a mans do seu pai acontecido en Moaña, en 2015, e a investigación sobre a desaparición doutras dúas menores, aínda aberta, abrindo a porta a que ambos sucesos puideran ter algo que ver coa posición da lúa.

Información de El Correo Gallego na que se abre a porta a un vencello entre os crimes de sangue e a posición da lúa
Información de El Correo Gallego na que se abre a porta a un vencello entre os crimes de sangue e a posición da lúa | Fonte: El Correo Gallego

A peza vén de recibir críticas da plataforma de Xornalistas Galegas e de prestixiosas figuras no panorama informativo galego como Gonzalo Cortizo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta