Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa pola súa obra 'Virtudes (e misterios)'

O xurado seleccionou esta obra "por mostrar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/10/2021 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O xornalista Xesús Fraga foi recoñecido no Premio Nacional de Narrativa pola súa obra 'Virtudes (e misterios)'. O galardón, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros.

O xurado seleccionou esta obra "por mostrar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos hostís, e que se penetra nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América".

"Con esta novela contemplamos a inmigración, cos seus claros e escuros, desde as súas dúas beiras, a dos que se van e a dos que quedan e tamén desde o punto de vista dos que viven dacabalo entre dous mundos", engadiu o xurado.

Xesús Fraga, nacido en Londres en 1971, estudou Xornalismo na Universidade de Salamanca e é redactor do diario La Voz de Galicia. Como escritor en lingua galega, cultivou tanto o relato, 'A-Z', como a novela, 'Solimán', e a narración xuvenil, 'Reo'. Traduciu ao galego e ao castelán libros de Julian Barnes, Vladimir Nabokov, Jack Kerouac, Anne Fine, Roald Dahl, Edith Nesbit, Sylvia Plath e Robert Macfarlane, entre outros.

Xesús Fraga, escritor e xornalista
Xesús Fraga, escritor e xornalista | Fonte: Editorial Galaxia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta