Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2022 | Actualizada ás 12:34
A particular maquetación do xornal dos Latorre vén de xogar outra mala pasada en Sabón, desta vez cun tema candendente que marcou a actualidade da pasada fin de semana: o regreso do emérito a Sanxenxo tras dous anos de exilio polos seus casos de corrupción.
A portada, que por si mesma di todo o apuntable sobre o traspé, vén de desatar a retranca nas redes sociais, onde ducias de usuarios sacaron a relucir os coitelos da ironía para facerlle algún sete á portada do xornal en castelán.
Una portada valiente la de hoy de @lavozdegalicia pic.twitter.com/IVvCAPimc1
— Goio Maldito Roedor 🚷 (@el_goio) May 24, 2022
En la historia de los troleos involuntarios la portada de La Voz de Galicia de hoy quedaría muy bien clasificada XDDD pic.twitter.com/Calb1eQxvD
— Wicho (@wicho) May 24, 2022
Os usuarios de Twitter aproveitaron para tirar de hemeroteca e sacar á luz algún outro caso de contaminación entre titular principal e imaxe, dous espazos que na maquetación de La Voz aputan a pezas distintas pero que, dende a distancia, poden dar lugar a equívocos --a excepción, claro, de que La Voz abandonara a súa habitual defensa da monarquía para abonarse ao republicanismo--.
— Just Alex (@AlexNovoselic) May 24, 2022
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.