Gonzalo Pérez Jácome: "La Región comete delitos"

Formalizará o luns outra denuncia pola toma e difusión de audios publicados pola Región.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2023 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

O alcalde Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, avanzou que este luns formalizará unha nova denuncia pola toma e difusión dos audios que, publicados pola Región, ligaríano con supostas prácticas irregulares vinculadas a temas de concesións e financiamento do seu partido.

Segundo publicou o líder de Democracia ourensá este sábado nas súas redes sociais, todos os interlocutores afectados nas escoitas "ilegais" no despacho da alcaldía presentarán unha denuncia conxunta este luns.

"Demostrando así que foi ilegal a toma e difusión dos audios, á marxe da súa descarada edición e manipulación. La Región comete delitos", aseverou.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante un pleno ordinario da Deputación de Ourense, a 28 de abril, en Ourense
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante un pleno ordinario da Deputación de Ourense, a 28 de abril, en Ourense | Fonte: Agostime - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta