A concesión do servizo ORA de Ourense acumula varias prórrogas desde o seu vencemento en 2016. Con todo, a súa suspensión definitiva dependerá do que decida o pleno da Corporación, onde Democracia Ourensana, partido que sostén ao alcalde, non conta con maioría.
  comenta   0
O alto tribunal cualifica de "sorprendente" que o rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jacome, "non tivese coñecemento" de que o edil dese a orde de entrar cun cerralleiro no despacho da xefa da policía, uns días despois de que esta causase baixa por incapacidade temporal.
  comenta   0
Por parte de CSIF explican que a situación "é caótica" e "ditatorial". Lamentan que "non hai negociación posible sobre ningún tema" e que "só vale unha premisa, que é a do alcalde".
  comenta   2
Así o fixo saber o portavoz da formación nacionalista municipal, Luís Seara, nunha comparecencia ofrecida para falar da comisión de pleno do pasado venres, onde o consistorio pretendía ditaminar ata un total de dez modificacións de crédito que sumadas ascendían a 22.293.576 euros.
  comenta   0
"Que a cuarta forza en número de votos nos diga que estamos vetados simplemente porque eles queren, para min, é unha mostra clara de que non hai vontade real de negociación", manifestou o líder dos populares galegos.
  comenta   2
O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia opina que o Partido Popular "non terá nin moita escusa nin moita desculpa" para non chegar a un acordo de goberno en Ourense. Reitera que a agrupación local "ten toda" a confianza da dirección autonómica.
  comenta   0
O presidente da Deputación de Ourense fala nesta longa entrevista das dificultades para chegar a pactos entre os grandes partidos. Unha dificultades das que responsabiliza, no caso de Ourense, ao Bloque, que "tenta humillar" ao PPdeG. Descarta que vaia apoiar a Jácome, "e menos se se segue rindo de nós", e insiste en buscar alternativas para que PPdeG, PSdeG e BNG gobernen xuntos na cidade das Burgas. Do pacto do Carballiño co PSdeG di que "xa está asinado" e "cumplirase".
  comenta   1
Subliña a vontade dos socialistas e pide un "paso definitivo" para que a cidade saia do "colapso". Os nacionalistas apreman aos outros dous partidos porque "si pode ser mañá, mellor que dentro de dous días".
  comenta   0
PP e PSOE queren "liderar a alternativa" en Ourense e o BNG só apoiará un candidato socialista. Os populares insisten, "non queremos liñas vermellas".O Bloque advirte: "non podemos andar creando falsas expectativas".
  comenta   0
Ana Pontón, incide en que, para que prospere unha moción de censura na cidade das Burgas, o Bloque só investirá a un alcalde socialista. "Non queremos en Ourense nin a Jácome nin a un alcalde do PP", deixa claro.
  comenta   0
Os socialistas presentan un documento a PPdeG e BNG no que se deseña un orzamento, unha auditoría e a posta en marcha dun plan de pago a provedores.
  comenta   1
O xuíz afirma no seu escrito que o rexedor "iniciou unha campaña de desprestixio" cara ao interventor municipal "sen outra finalidade que a de xustificar ante a opinión pública o futuro cesamento do seu posto" por "resultar un funcionario incómodo"
  comenta   1
O alcalde cumpre así cunha resolución xudicial, de finais do mes de maio, que deixara sen efecto o cesamento do funcionario que o rexedor levara a cabo.
  comenta   0
"Podemos afirmar, sen dúbida, que o Concello de Ourense está nunha situación de falta de sustentabilidade económica", manifestou o portavoz do BNG, Luís Seara
  comenta   0
Un ano despois das eleccións municipais, os socialistas fan un chamamento de "consenso" aos outros grupos da oposición para asinar conxuntamente unha moción de censura.
  comenta   4
Volve así a cesar a un funcionario municipal de habilitación nacional. A oposición sostén que se trata dunha manobra para tapar o "colapso orzamentario" do Concello.
  comenta   0
O xulgado entende que o alcalde non pronuciou palabras inxuriosas contra el nin se referiu especificamente ao demandante cando se expresou con termos como 'mafia policial' ou 'mazás podrecidas no corpo', senón que as dixo de forma "xeralista".
  comenta   0
O nomeamento de Ethel Vázquez na Mesa da Cámara galega aveciña cambios na Xunta cun Rueda que aposta por dar peso ao "partido". O BNG amosa o seu músculo no Parlamento mantendo as súas reivindicacións históricas. Besteiro estrease cun grupo minguado e ausencias na bancada do público e Ourense semella que dará que falar durante os vindeiros catro anos.
  comenta   0