BNG e PP cren que os pregos de licitación do transporte en Ourense nacen "viciados" e non se "adaptan a necesidades"

Por E.P. | OURENSE | 14/10/2024 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

O PP e o BNG cuestionaron os pregos de licitación do servizo de transporte do Concello de Ourense que, nun caso, consideran que "non se adapta ás necesidades actuais e futuras" e noutro que é un traxe "feito a medida" para un adxudicatario.

Desde as filas populares, aseguraron que o estudarán con detalle, pero apostilan que "polo visto no perfil do contratante non se adapta ás necesidades actuais e futuras" de Ourense. Tamén critican que se sacou sen abordalo con "axentes sociais", aseguran para reprochar, ademais, a xestión "caótica" do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, cos buses urbanos.

Os nacionalistas afirmaron, á súa vez, que os citados pregos son "un traxe de 50 millóns feito a medida". "A sensación é que todo está perfectamente preparado para que alguén en concreto sexa o adxudicatario"."Un traxe feito a medida, un traxe iso si de 50 millóns de euros", expuxeron con motivo dunha rolda de prensa do seu portavoz do grupo municipal, Luís Seara.

"Estamos, ao noso xuízo, diante dunha licitación que nace viciada porque conculca un dos principios máis elementais de calquera contratación pública, o principio de igualdade, que consagra que a administración non pode cometer arbitrariedades e dar trato de favor a ningún licitador", manifestou o representante nacionalista.

Autobús urbano do concello de Ourense
Autobús urbano do concello de Ourense | Fonte: Concello de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta