Jácome devolve o seu posto ao interventor municipal de Ourense que cesara acusándoo de "guerra xurídica"

O alcalde cumpre así cunha resolución xudicial, de finais do mes de maio, que deixara sen efecto o cesamento do funcionario que o rexedor levara a cabo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/06/2024 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense informou a través dunha circular informativa da Alcaldía que Gonzalo Alonso volve ao seu posto de interventor municipal, do que fora cesado polo rexedor, Gonzalo Pérez Jácome. O alcalde cumpre así cunha resolución xudicial, de finais do mes de maio, que deixara sen efecto o cesamento do funcionario que o rexedor levara a cabo. Este produciuse o pasado 18 de abril, despois de meses nos que o alcalde sinalou reiteradamente ao funcionario acusándoo de "guerra xurídica" e de "obstaculizar" a xestión do goberno municipal e tras iniciar a apertura do expediente en decembro do 2023.

Entón, o encargado de fiscalizar a actividade económica do concello, foi recolocado no departamento de Xestión Tributaria como "instrutor de procedementos sancionadores en materia de tráfico". Con todo, o interventor acudiu á vía xudicial cun recurso contencioso-administrativo, aínda sen resolución, pero solicitou tamén a medida cautelar de que se suspendese o seu cesamento. A esa medida, concedida polo xulgado, fixo caso o Concello de Ourense que desde este luns devolveu o seu posto a Gonzalo Alonso en tanto non haxa sentenza.

O alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensana (DO), Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensana (DO), Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta