O 'caso Desproi' pon no foco a xestión local baixo o mandato do agora senador Xosé Sánchez Bugallo e custou a dimisión, a principios de 2023, de José Manuel Pichel, despois de transcender que alugou unha nave industrial para o seu departamento a unha empresa á que estivera vinculado.
Previamente, xa fora expulsado outro mozo do tren por non querer mercar un billete tendo o bono de Renfe. A empresa asegura que expulsou os dous pasaxeros para evitar "problemas de orde pública" e di que ningún dos dous tiña billete.
  comenta   1
A sentenza recolle que a permanencia do demandante no seu posto "garante a continuidade da prestación de tan esencial labor de control e fiscalización" interna da xestión económica, financeira e orzamentaria do consistorio
  comenta   0
O cesamento do interventor é consecuencia de "unha sucesión de actos nulos de pleno dereito por ser ditados por un órgano manifestamente incompetente, por razón da materia, para levar a cabo a eliminación dun funcionario habilitado nacional"
  comenta   0
O alcalde cumpre así cunha resolución xudicial, de finais do mes de maio, que deixara sen efecto o cesamento do funcionario que o rexedor levara a cabo.
  comenta   0
O 20 de xaneiro de 2020 Luís Calvo "co propósito de alterar a realidade e dotala dunha aparencia de autenticidade" elaborou e asinou un informe no que constaba que por comisión de goberno extraordinaria aprobouse precintar a depuradora.
  comenta   0
Volve así a cesar a un funcionario municipal de habilitación nacional. A oposición sostén que se trata dunha manobra para tapar o "colapso orzamentario" do Concello.
  comenta   0
O edil de infraestruturas, Francisco Lorenzo, acusou ao interventor de actuar con "ignorancia e mala fe" a través dun comunicado.
  comenta   1