A Covid dálle un duro golpe aos medios tradicionais: La Voz e Faro perden 200.000 lectores

Os xornais tradicionais de Galicia perderon un 25% de lectores ao longo do pasado ano. Tamén baixan as súas visitas online a pesar de ser o ano no que se disparou o consumo de Internet.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/06/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Covid provocou un terremoto de dimensións aínda impredecibles nas versións en papel dos grandes medios tradicionais galegos. Un broucazo de película do que van tardar en recuperarse... se é que se recuperan. A caída dos lectores dos xornais tradicionais en papel foi o pasado ano dun 25%, con descensos aínda maiores en xornais como La Voz de Galicia ou Faro de Vigo que, xuntos, perden máis de 200.000 lectores.

Ranking dos principais xornais dixitais galegos en Alexa a maio de 2020
Ranking dos principais xornais dixitais galegos en Alexa a maio de 2020

 

Segundo os datos do Estudio General de Medios aos que tivo acceso Galicia Confidencial, o descenso foi xeralizado en todos os medios tradicionais, incluídas as súas versións online (-4,3%), cuxo consumo nos últimos anos foi sempre á alza. Unha caída na Internet que contrasta coa suba experimentada por medios como o Galicia Confidencial que en 2020 bateu todos os seus récords de visitas, chegando a superar nun só día os 200.000 visitantes únicos, e afianzando a súa segunda posición como medio galego na rede só por detrás de La Voz. Precisamente, este ano, GC era o primeiro xornal online galego en abrir conta na rede Tik Tok.

 

GRAN CAÍDA DE LA VOZ E FARO

Caída dos lectores dos medios tradicionais de Galicia en 2020
Caída dos lectores dos medios tradicionais de Galicia en 2020 | Fonte: EGM-Avante

 

O descenso de lectores de prensa foi común a todos os soportes. As cabeceiras líderes, La Voz de Galicia e Faro de Vigo perderon 131.000 e 74.000 lectores, respectivamente, sendo as que máis sentiron o golpe da covid que provocou unha caída de vendas xeralizadas en marzo do pasado ano que non se recuperou ata ben entrado o verán.

 

Deste xeito, la Voz de Galicia caeu o pasado ano un 14%, caendo até os 356.000 lectores.  Faro de Vigo deixouse un 26% de lectores e quedou en 119.000. Tras eles e xa a unha gran distancia quedan xornais como El Progreso e La Región que tamén baixan, aínda que menos, e quedan nos 50.000 lectores.  Pero, os que máis sofren o impacto da Covid son os xornais máis pequenos. Diario de Arousa perdeu o 50% dos lectores, Atlántico Diario o 42% e La Opinión de A Coruña o 36%. 

 

A caída non cambiou o dominio que certos medios teñen das provincias galegas. Deste xeito, La Voz segue sendo o xornal máis lido na Coruña e o Faro de Vigo, na de Pontevedra, mentres que La Región e El Progreso, lideran o ranquing en Ourense e Lugo, respectivamente. 

 

OUTROS SOPORTES

 

O EGM destaca que, en Galicia, a Televisión foi o medio que tivo unha caída menos acusada (-1,5%), e continúa como medio líder en Galicia. A radio tamén cae, un -5,2% e as revistas un 20,8%, pero menos que o 25,1% dos xornais. Ambos soportes presentan as perdas de audiencias máis acusadas.

 

Entre as versións online dos medios de comunicación, os diarios online continúan sendo os máis consumidos, aínda que destaca o crecemento da TV online (+31,7%) e Radio online

(+16,7%).

Caída dos lectores dos xornais galegos en 2020
Caída dos lectores dos xornais galegos en 2020 | Fonte: EGM-Avante
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 André

E o Nós Diário? Nom há dados?

1 Helvira

Eu deixei de mercalo en canto xeneralizaron o feminino xenérico e a linguaxe inclusiva (algúns titulares eran de vergoña allea). E con columnistas galegos escribindo en portugués lisboeta xa nin de broma. Comezaron ben pero agira son o boletín posmoderno do BNG...

3 CastelaoPaSogama

Cobran por ler. Os vellos que eran quen lían o periódico, moritos por ver as esquelas, morren; os rapaces din paladinamente que "no leo el periódico" e infórmanse polas redes sociais... Irá a más.

1 Gamela

Se queremos unha prensa libre e independente non imos ter máis remedio que PAGALA NÓS! Resistir ten prezo! http://www.galiciaconfidencial.com/... Eso de que os vellos morren, é un axioma indiscutible, todos chegaremos a vellos algún día, o caso é ter algo DIGNO DE LER !

2 Gamela

Alegría dá saber que os "muros de pago" dan malos resultados aos que fixeron da incomunicación social o seu negocio particular ! https://i.gal/gamela22 Claro que a Resistencia do GC deberamos apuntalala entre todos ! http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Jiménez Losantos

que avalien os motivos! Eu , dende logo, nin os abro. Pero pronto virá a Xunta a darlle cartos por publicidade institucional ou emprego do galego. Así se sostén a información partidista neste país