La Voz de Galicia, na alianza galega polo clima que promove a Xunta

Rueda asinou o convenio na sede do xornal en Sabón.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2023 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

A alianza galega polo clima que promove a Xunta incorporou a 'La Voz de Galicia', nun acto coincidindo coa participación do presidente galego, Alfonso Rueda, na entrega dos premios 'Voz Natura'.

Rueda, acompañado da vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistiu en Sabón (Arteixo) á entrega dos galardóns aos centros de ensino gañadores da edición 2023 de 'Voz Natura'.

Despois foi cando se levou a cabo a firma de adhesión de 'La Voz de Galicia' á denominada Alianza Galega polo clima, unha rede que ten como obxectivo implicar a axentes económicos e sociais do país no coidado do medio ambiente.

O presidente da Xunta na entrega dos premios
O presidente da Xunta na entrega dos premios | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta