A Asociación de Actores e Actrices de Galicia outorga a Xabier Deive o Premio de Honra Marisa Soto

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2025 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concedeu a título póstumo ao actor Xabier Deive o Premio de Honra Marisa Soto, galardón co que a profesión teatral distingue o labor de persoas e institucións a favor do sector escénico.

Deste xeito, Deive únese a unha longa lista de homenaxeados con este premio que inclúe, entre outros nomes, a Ana Romaní, Pilar Pereira, Gonzalo Uriarte, Rosa Álvarez, a Sala Nasa, Flor Maceiras, Cloti Vaello ou María Barcala, actriz que recibiu o Marisa Soto o ano pasado. Segundo trasladou a asociación, a AAAG distingue así a traxectoria de Deive e pon en valor "a súa calidade humana, o seu talento artístico e o seu compromiso coa profesión".

Xabier Deive (Narón, 1970 - Santiago de Compostela 2024) exerceu as profesións de técnico, actor de cinema, teatro e televisión. Formou parte dos elencos de 'Rías Baixas', 'As leis de Celavella', 'A vida por diante', 'Matalobos' ou 'Serramoura', entre outras producións. Ademais, foi presidente da AAAG entre 2019 e 2021.

Trátase da terceira vez que se concede este galardón a título póstumo, tras as distincións outorgadas en 2015 a Xosé Manuel Olveira Pico e en 2022, a Liño Braxe, apunta a AAAG.

Xabier Deive, técnico, actor de cinema, teatro e televisión. AAAG
Xabier Deive, técnico, actor de cinema, teatro e televisión. AAAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta