Os galegos Luís Tosar e Lucía Veiga, nomeados aos Goya a mellor actor de reparto e actriz revelación

'El 47', 'La infiltrada', 'Segundo Premio' e 'La habitación de al lado' acaparan os nomeamentos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 18/12/2024 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

'El 47', de Marcel Barrena, 'La infiltrada', de Arantxa Echevarría, 'Segundo Premio' de Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez, 'La habitación de al lado', de Pedro Almodóvar, e 'La virgen roja', de Paula Ortiz acaparan gran parte dos nomeamentos na 39 edición dos Premios Goya, tal e como anunciou este mércores a Academia de Cinema, aos que aspiran tamén os galegos Luís Tosar e Lucía Veiga nas categorías de mellor actor de reparto e a mellor actriz revelación, respectivamente.

Retransmisión da presentación dos nomeados á 39 edición dos Goya, na Academia de Cinema, a 18 de decembro de 2024, en Madrid
Retransmisión da presentación dos nomeados á 39 edición dos Goya, na Academia de Cinema, a 18 de decembro de 2024, en Madrid | Fonte: Carlos Luján

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta