Galicia, plató de cinema: seis rodaxes recibirán ata 300.000 euros da Xunta en 2025

O fondo de atracción de rodaxes busca xerar impacto económico e dinamizar a industria audiovisual nas localidades galegas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/01/2025 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

A Xunta destina 2 millóns de euros do seu fondo de atracción de rodaxes ás películas realizadas en Galicia o ano pasado 'Romaría', 'Rondallas e 'Dimelo bajito'; ás producións que se rodarán na comunidade ao longo de 2025 'Roubáchesme o corazón', 'Garbo', 'Marusia'; así como á segunda tempada de 'Clans'.

Nun comunciado, o Goberno galego informou de que o obxectivo é situar a Galicia como escenario de obras audiovisuais destacadas, e lograr o seu consecuente impacto económico nas localidades e na industria audiovisual galega, segundo informou a Xunta nun comunicado.

Este investimento está enmarcada na última convocatoria de 2024 do fondo da Xunta para a atracción de rodaxes, e é cofinanciada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Unión Europea dentro do programa da Xunta 'Galicia Feder 2021-2027'.

Para recibir estas subvencións, de ata 300.000 euros, as empresas beneficiarias teñen que adoptar un gasto mínimo dun millón de euros, no caso de produtoras galegas, e dun millón e medio no caso do resto de produtoras.

Na mesma liña, as producións financiadas deben de desenvolver as súas obras en Galicia durante polo menos catro semanas, e destinar polo menos o 40% da subvención ao gasto de persoal

SOBRE AS PRODUCIÓNS

As películas 'Romaría', de Carla Simón, e 'Rondallas', de Daniel Sánchez Arévalo, graváronse en diferentes localidades da provincia de Pontevedra durante os últimos meses de 2024; mentres que 'Dimelo bajito', foi rodada por Vaca Films para Prime Vídeo en diversos escenarios das provincias da Coruña e de Lugo con Denis Rovira na dirección.

Do mesmo xeito, a longametraxe 'Roubáchesme o corazon', presentada por AIE Homonima; e as series 'Garbo', de Portocabo TV; 'Marusia' da CTV; e a nova tempada de 'Clans', de Vaca Films, están pendentes de gravar en territorio galego durante 2025.

OUTRAS PRODUCIÓNS EN GALICIA

Ademais das películas inscritas no fondo de axudas para a atracción de rodaxes, Galicia foi escenario doutras nove producións que recibiron as axudas anuais da Xunta para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos.

Concretamente estas obras son: 'Leo&Lou', de Carlos Solano con Aurora Audiovisual AIE; 'San Simón', de Miguel A. Delgado e con Miramemira; 'Hoxe e o resto do mundo', de Cecilia Betz e Andrés Sanjurjo con Matriuska Producións; 'Así chegou a noite', de Anxo Santos con Maruxiña Filme Company; 'Lume', de Giselle Llanio e Sergio Graciano con Setemedia; 'Antes de nós', de Anxos Huerta con Zenit TV; 'Tralovento', de Eloy Domínguez Serén con Zeitun Films; 'As liñas descontinuas' de Anxos Fazáns con Sétima; e 'Onte á noite conquistei Tebas' de Gabriel Azorín con Filmika Galaika.

Rodaxe da película Rondallas. REMITIDA XUNTA
Rodaxe da película Rondallas. REMITIDA XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta