Unha ferramenta dixital recolle a localización das ermidas, capelas e igrexas das que se fala nas Cantigas de Romaría

A localización dos lugares sacros busca achegar aos interesados na literatura medieval os espazos reais daquela poesía de santuario, coa intención de que os visiten e observen a transcendencia de sitios que gozaron dun recoñecemento colectivo e que, co paso do tempo, nalgúns casos perdérono.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2025 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), publicou un recurso en liña sobre as Cantigas de Romaría no que se localizan as ermidas, capelas e igrexas mencionadas polos autores nos seus textos, con indicación precisa da súa localización e outra información relevante. 

O Pergamiño Vindel, que contén sete cantigas de amigo de Martín Códax
O Pergamiño Vindel, que contén sete cantigas de amigo de Martín Códax | Fonte: DUVI - Arquivo

Desta forma, este tipo de poesía está integrada por máis de 70 poemas atribuídos a 15 xograres e seis trobadores, e forman un subgrupo das Cantigas de Amigo. A investigación insérese no proxecto 'Lírica profana galego-portuguesa', que dirixen as catedráticas de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago (USC) Mercedes Brea e Pilar Lorenzo. "O sitio web permite explorar mapas interactivos, textos orixinais e datos históricos e artísticos, así como fotografías actuais dos lugares mencionados nos poemas", explicaron Brea e Lorenzo.

A localización dos lugares sacros mencionados nos textos e as correspondentes fotografías buscan achegar aos interesados na literatura medieval os espazos reais daquela poesía de santuario, coa intención de que os visiten e observen a transcendencia de sitios que gozaron dun recoñecemento colectivo e que, co paso do tempo, nalgúns casos perdérono para ser só identificados a nivel local. A nova ferramenta, que será presentada en Michigan, Toronto e Cincinnati, propiciará que tantos os especialistas como o público en xeral participen da fruición das "peculiares" cantigas seleccionadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta