Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2025 | Actualizada ás 17:42
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e a directora do IES Escolas Proval, María Pilar Piay Pombo, asinaron un acordo polo cal o centro cede ao Arquivo Sonoro de Galicia, centro dependente do CCG, a Fonoteca Escolas Proval. Segundo informou o CCG nun comunicado, o material cedido está composto de 320 rexistros realizados por preto de 500 escolares deste centro entre 1989 e 2004. O material deposítase no Arquivo Sonoro de Galicia para a súa custodia e posterior dixitalización.
Así, o material destaca pola súa "variada, numerosa e singular" colección de temas reunidos relacionados con usos e costumes populares e dos xéneros propios da literatura e da música de tradición oral rexistrados. Tamén "é de especial valor" a orixe dos recursos, rexistrados nas parroquias dos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar, e das de Vigo, Santa María de Oia, Tomiño, A Guarda, Salceda de Caselas, Ponte Caldelas, Ourense e Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.