Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2023 | Actualizada ás 19:22
A primeira película de ficción sobre o intelectual, escritor e político galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao rodarase en lugares nos que habitou: Pontevedra, Santiago, Rianxo e Bretaña.
Este filme, que forma parte o nove novos proxectos cinematográficos que apoia a CRTVG, está protagonizado por Tamar Novas e dirixido por Ángeles Huerta. Producida por Zenit TV, conta con guión de Pepe Coira e o asesoramento do presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas.
Segundo informa a CRTVG, a obra "trata momentos aparentemente menores" na traxectoria de Castelao, pero, "de feito, reúne todos os roles" do autor de 'Sempre en Galiza': médico, humanista, político, xornalista e debuxante.
En concreto, buscar achegarse á persoa máis que ao personaxe e centrarse en dous momentos concretos da súa vida: cando se integra na militancia galeguista coa súa participación na Asemblea das Irmandades da Fala de 1918 e a chegada á República.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.