Rueda: "Toco madeira para que a tempada de lumes siga sendo como ata agora"

Apela a "non baixar a garda" ante os incendios nun verán no que a climatoloxía "axuda".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2024 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apela a non "baixar a garda" ante os lumes forestais na época de alto risco. "O certo é que a climatoloxía, non o vou a negar, axuda a que non haxa incendios", indica.

A preguntas en rolda de prensa despois do Consello da Xunta deste luns, Rueda pide "estar especialmente vixiantes" polos incendios desta época estival.

Lembra que o dispositivo no que participan diferentes administracións "está plenamente operativo" con miles de persoas e "moitísimos" medios terrestres e aéreos. "Somos conscientes de que nos meses centrais do ano non se pode baixar a garda", resalta Rueda.

Pide "manterse alerta" e "toca madeira" para que "a tempada de incendios siga sendo como ata agora", aínda que, de ser necesario, incrementarase o operativo cos recursos "excepcionais" que están dispoñibles.

O titular do Executivo autonómico incide en que o operativo "está plenamente despregado". "E eu espero sinceramente que non sexa necesario aumentalo", asevera.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda. MONICA ARCAY CARRO
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda. MONICA ARCAY CARRO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lois

Se o señorito Ruedito traballara por unha vez gañaría o ceo que aínda non ten asegurado. Freixó xa o gañou ao chegar, por fin, a Madrid, obxectivo principal de todo caci que galego.