Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2025 | Actualizada ás 14:54
O artista e produtor Baiuca será o encargado de pór banda sonora á noite na que se coñecerán as gañadoras e gañadores dos XXIII Premios Mestre Mateo. Así, a Academia Galega do Audiovisual destacou que a música será un dos principais ingredientes da gala que se celebrará o día 15 de marzo en Lalín e que estará presentada pola actriz Teté Delgado e dirixida pola coreógrafa Marta Alonso.
Está previsto que Baiuca interprete varios temas do seu último traballo, 'Barullo', que presenta na actualidade por escenarios de todo o mundo, para converter a noite do audiovisual galego "nunha gran festa moderna". A gala do audiovisual galego terá lugar en Lalín o sábado 15 de marzo e, segundo avanzou a Academia, "será unha viaxe polo imaxinario folktrónico e un recoñecemento aos mellores traballos da industria galega".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.