Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2024 | Actualizada ás 19:43
O outono comeza este domingo ás 14.44 horas e a estación prolongarase ata a mañá do 21 de decembro, durando case 91 días. O paso do verán ao outono, segundo detallou a USC nun comunicado, prodúcese cando o Sol chega ao momento Libra da eclíptica, un dos dous puntos de intersección deste plano co ecuador celeste.
Neste outono a choiva de estrelas xemínidas, unha das máis importantes, terá o seu máximo o 14 de decembro, aínda que este ano a presenza da lúa chea vaille a restar protagonismo. Outras choivas de estrelas desta época como as dracónidas (8 de outubro), as oriónidas (21 de outubro) e as leónidas (17 de novembro), terán moita menos intensidade.
Os planetas Saturno e Júpiter estarán visibles boa parte das noites de outono, en tanto que Mercurio poderá contemplarse a primeira ollada en boas condicións á noitiña ao redor de mediados de novembro e ao amencer a finais da estación. A eclipse anular de Sol que terá lugar o 2 de outubro non será visible en Europa senón no Oceáno Pacífico e no cono sur de Sudamérica.
Por iso, nos próximos anos haberá unha secuencia inusual de eclipses solares empezando co parcial do 29 de marzo de 2025, o total que se poderá ver desde o norte e leste de Galicia o 12 de agosto de 2026, o parcial do 2 de agosto de 2027 que será total no sur de España e o parcial do 26 de xaneiro de 2028, que se verá como un anular nunha franxa da Península Ibérica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.