O 90% dos concellos galegos terán que medir o seu nivel de radón en locais comerciais

Segundo informou o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2024 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Os locais comerciais de 283 dos 313 concellos de Galicia --principalmente da provincia da Coruña e Ourense-- terán que someterse a medicións de gas radón, segundo informou o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.

Nun comunicado, a entidade detallou que, a nova normativa que entrou en vigor en maio e comezará a aplicarse desde este outono, obriga ás empresas e negocios que teñan locais en sotos e plantas baixas a facer medicións deste gas, dentro do seu plan de Prevención de Riscos Laborais.

Desta forma, todos os centros laborais situados en planta baixa ou baixo rasante establecidos neses concellos de alta incidencia de radón estarán obrigados a medir o gas nas súas dependencias e a aplicar sistemas correctivos de ventilación se fose preciso.

O límite establecido polo Consello Superior Nuclear é de 300 Bq/m3 (benquerelio por metro cúbico). Os locais terán medidores instalados durante un período de tres meses e en función dos resultados estableceranse medidas preventivas ou correctoras.

Investigadores relacionan o radón cun aumento do risco de cancro pulmonar.
Investigadores relacionan o radón cun aumento do risco de cancro pulmonar. | Fonte: ENAC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta