A reserva de auga de Galicia baixa a menos do 60% en pleno outono

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2024 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

A reserva dos encoros galegos baixa a 2.223 hectómetros cúbicos, un 3,2% menos que hai unha semana, segundo os datos que publica o Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes. Con este descenso quedan por baixo do 60% (59,8%) da súa capacidade.

A reserva hídrica da conca de Miño-Sil, a de maior capacidade, redúcese a 1.754 hectómetros cúbicos, un 57,9% do volume total, máis de dous puntos de caída en comparación con sete días antes. Supón unha cifra moi por baixo dos 2.579 hectómetros cúbicos que había a estas alturas en 2023. No entanto, é superior á media da última década.

Mentres, os encoros de Galicia Costa sitúanse con 469 hectómetros cúbicos, un 68,6% da súa capacidade, neste caso seis décimas menos en comparativa coa semana anterior. Está lonxe dos 624 hectómetros cúbicos de hai un ano, pero trátase de maior reserva que a media dos últimos 10 anos.

Na última semana, as precipitacións foron abundantes na vertente Mediterránea e afectaron considerablemente á vertente atlántica, informa o Ministerio. A reserva hídrica española atópase ao 51,1% da súa capacidade.

O encoro de Velle liberando auga do río Miño / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press
O encoro de Velle liberando auga do río Miño / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta