Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/03/2025 | Actualizada ás 19:52
A Policía Local da Coruña interceptou, despois dunha persecución, a unha condutora que circulaba sen carné e baixo os efectos das drogas. Os feitos sucederon sobre as 14.00 horas deste domingo cando os axentes lle deron o alto, pero a muller comezou a fuxida polas rúas da cidade herculina. Durante a persecución a muller golpeou co seu vehículo a varios coches patrulla e, finalmente, os axentes conseguiron parala. Desta forma, comprobaron que a muller non tiña permiso de conducir e realizáronlle as probas de alcol e drogas, nas que arroxou un resultado positivo en drogas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.