Falece un ancián de 89 anos tras saírse da vía co coche e caer por un desnivel en Alfoz

A persoa que ocupaba o asento do copiloto resultou ferida leve.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 09/03/2025 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

Un home, de 89 anos, perdeu a vida tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo e caer por un pequeno desnivel no municipio lucense de Alfoz. Segundo informou a Garda Civil, o suceso produciuse sobre as 17.40 horas deste domingo no punto quilométrico 17,850 da LU-160, que conecta as localidades de Mondoñedo e Ferreira de Valadouro. Ata o punto tamén se desprazaron os profesionais sanitarios e a persoa que ocupaba o asento do copiloto resultou ferida leve.

Accidente de Alfoz
Accidente de Alfoz | Fonte: GARDA CIVIL DE LUGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta