O estudo expón as fusións, simuladas desde o punto de vista económico, de Santiago e Teo, Noia e Lousame, Sanxenxo e Meaño, Alfoz e O Valadouro, O Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín.
  comenta   1
A Xunta outorgou a autorización administrativa previa e de construción do parque eólico Restelo, un dos vinculados a Alcoa, que se situará entre os municipios lucenses da Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna, impulsado por Greenalia.
A escaseza real nas reservas de auga aínda non fixo acto de presenza en Galicia, pero si a situación de seca prolongada nalgunhas áreas do norte da comunidade, nas que xa se activaron medidas de aforro e restrición nos usos da auga para evitar avanzar apresuradamente a outros escenarios.
  comenta   0
Os feitos aconteceron durante un partido no campo da Lomba, en Meira, cando desde as gradas onde estaba o público comezaron os insultos e ofensas verbais contra o xogador.
Galicia continúa tendo bastantes zonas de sombra no que a estacións de servizo se refire, o que obriga aos condutores galegos a ir con un ollo posto no depósito antes de saír da casa
  comenta   0
A Asociación Galega de Apicultura-AGA deu os seus premios anuais tras analizar 65 mostras, das que 14 eran mel multifloral e 51 monofloral
  comenta   0
Edmundo Maseda é alcalde do Valadouro, o concello que se vería máis afectado pola central hidroeléctrica do Xistral. Fala da necesidade de que a veciñanza valore os puntos a favor e os puntos en contra para ofreceren a súa opinión e valoración. Maseda entende a necesidade de achegar fontes de enerxía perto de Alcoa e unha delas pode ser a central hidroeléctrica. Ve unha oportunidade de futuro ante a ameaza de baleiro poboacional no seu concello.
Segundo a Plataforma, esta obra deixará entre outros impactos, as "balsas previstas, de 20 metros de altura, que estarán a 50 metros das casas", ademais dos "túneles que alí se van construír".
As noticias sobre o encoro hidroeléctrico situado en terreos do Valadouro veu no momento en que os prezos da enerxía están moi elevados, as cubas de Alcoa paradas, as polémicas sobre parques eólicos van en aumento e os gobernos de Santiago e Madrid necesitan unha solución á problemática da enerxía. O proxecto de encoro deseñado por Proyectos del Malache abriu unha nova fronte sobre as maneiras para a produción de enerxía sustentable.
O goberno galego sinala que “desde Galicia pedimos máxima colaboración por parte do resto de administracións (Goberno e concellos) e da empresa, pensando nos veciños e veciñas desta comarca para que teñan sobre a mesa toda a información sobre o proxecto”.
Atalaya Generación, a empresa que impulsa o megaproxecto da Central Hidroeléctrica Reversible XISTRAL, insiste no "postos de traballo e oportunidades de futuro á comarca" da megacentral eléctrica que proxecta na comarca e que afecta aos concellos de Alfoz, Cervo, Xove, Ourol e O Valadouro.
O secretario de Estado de Medio Ambiente elude anticipar datos sobre o plan e asegura que será sometido a todos os trámites de control.
A compañía público-privada vén de licitar a construción dunha planta de "biorresiduos" en Cervo por 6'4 millóns de euros. No pasado, Sogama recibiu críticas de plataformas ecoloxistas pola xestión destes espazos.
  comenta   0
Curtis, Ordes, Alfoz, Mondoñedo, Parada de Sil, Outeiro de Rei e Sober conseguen por primeira vez o recoñecemento
  comenta   1
Xa soben a 64 os usuarios contaxiados en residencias tras 18 novos positivos.
  comenta   1
ADEGA e Mariña Patrimonio din que os danos provocados no Castro de Montoxo constitúen un auténtico atentado contra o Patrimonio Cultural, cuxa responsable directa podería ser a propia administración pública por erros, tanto na xeolocalización como na delimitación de moitos xacementos.
Os principais sectores beneficiados serán o da construción, o primario, o de servizos e a contratación de peóns, entre outros
Galicia foi a segunda comunidade con máis inmatriculacións do Estado realizadas pola Igrexa aproveitando a Lei Hipotecaria de Aznar. Entre estes bens atópase a igrexa máis antiga das catro provincias, pero tamén varios alpendres e ata un 'teleclub'.
  comenta   1
Sanidade remarca que detectou catro positivos "nas 144 PCR realizadas o pasado venres"; non se informa das altas epidemiolóxicas, o que impide coñecer o total de novos infectados
Pedro López Morillo, un mozo do Valadouro, iniciou unha campaña de recollida neste concello e no de Alfoz, no interior da Mariña para manter con vida o seu instituto e loitar para que inclúan FP. Polo momento convenceu xa a 1.482 veciños destes dous concellos.
Daniel Vizoso, de Alfoz, é o último pastor a pé da Serra do Xistral e un dos poucos que quedan xa en España. Con 90 anos cumpridos, as súas forzas están intactas e sae cada día co seu rebaño de case un centenar de cabras e ovellas en percorridos de ata vinte quilómetros. Esta é a súa historia.