A Covid cébase novamente coas residencias

Xa soben a 64 os usuarios contaxiados en residencias tras 18 novos positivos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/08/2021 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

Os usuarios de residencias galegas con coronavirus ascenderon este martes a 64, dos que 32 son maiores e outros tantos son persoas internas en centros de atención á discapacidade, tras detectarse 18 positivos en distintos centros, informa Política Social.

Unha traballadora e unha persoa maior nunha residencia da terceira idade
Unha traballadora e unha persoa maior nunha residencia da terceira idade | Fonte: QUINTAS FOTOGRAFOS

Así, súmanse ao cómputo 10 persoas con discapacidade da residencia Fogar e Clínica San Rafael de Vigo; seis maiores da vivenda comunitaria de Alfoz (Lugo) e dous usuarios da residencia xeriátrica de Ribadeo (Lugo).

Polo momento hai 32 maiores contaxiados nas residencias galegas: un en Caser A Zapateira; 18 na residencia Santo Estebo de Perlio, en Fene; seis en Alfoz; dous na residencia Bo Día Magnolio de Vigo; un na residencia Val do Dubra (A Coruña), dúas en Ribadeo e dúas na Concepción Arenal da Coruña.

Ademais, hai 32 usuarios de centros de discapacidade co virus: un no CAPD de Sarria (Lugo) e 31 en Fogar e Clínica de San Rafael (Vigo). 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pero o alcalde de Vigo dí que a cousa vai ben, e esta finde imos ter Marisquiño Delta !