Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2021 | Actualizada ás 12:49
Os cinco positivos por Covid-19 detectados nunha residencia de maiores de Pontevedra elevan a 52 os usuarios contaxiados en 10 destes centros na Comunidade galega.
Segundo os datos actualizados polas consellerías de Política Social e Sanidade este luns, detectáronse cinco positivos na residencia Soremay de Pontevedra, centro que se incorpora á lista.
Así, o centro con máis usuarios contagios é a Residencia Val de Monterrei (Ourense), con 18 positivos; seguida da Santo Estebo de Perlío de Fene (A Coruña), con nove; a Residencia de Ribadeo (Lugo), con sete; a Vivenda comunitaria de Alfoz (Lugo), con seis; e a Soremay de Pontevedra sitúase con cinco.
Séguenlle a Residencia Concepción Arenal da Coruña, con dúas; a Bo Día Magnolio de Vigo, con outros dous; mentres que cun usuario contaxiado atópanse a Caser A Zapateira, a Residencia de Chandrexa de Queixa (Ourense) e a DomusVi Vigo.
En canto ás residencias de atención á discapacidade, mantéñense 31 casos de Covid en usuarios, todos eles no Fogar e Clínica de San Rafael en Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.