Atopados tres desaparecidos nas últimas horas e buscan a outro en Ferrol

O última en aparecer foi a octoxenaria desparecida en Arteixo que apareceu desorientada ao carón dunha farmacia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 16/02/2025 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

A Garda Civil e efectivos de emerxencias atoparon a tres das catro persoas que estaban desaparecidas nos últimos días. A última, a octoxenaria desaparecida desde o xoves na Pastoriza, Arteixo. Todos eles están vivos aínda que con complicacións de saúde.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Tras atoparse aos desaparecidos de Carballo e As Pontes, a última en ser atopada foi a muller de Arteixo, ao carón dunha farmacia, na Avenida da Pastoriza, moi preto de onde desapareu. Debido ao seu estado de debilidade foi trasladada a un hospital.

Por outra banda, continúa a busca do home desaparecido en Ferrol, cuxo veículo apareceu preto do cabo Prior. Na zona está unha embarcación do servizo martimo da Garda Civil, así como de Salvamento Marítimo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta