Os alumnos de Infantil dun colexio de Moraña levan sen clase desde o luns por unha fuga de auga

Non contan aínda cunha data de regreso segura ás aulas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 19/02/2025 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Os alumnos de Educación Infantil do CPI Santa Lucía de Moraña non retomaron aínda as súas clases desde que este luns se cancelase a xornada escolar por unha avaría na rede interna que causou unha fuga de auga, a cal deixou as aulas inhabilitadas. Os estudantes de Primaria do CPI volveron á actividade académica xa o martes, mentres tanto, o alumnado de infantil, de entre 3 e 6 anos, levan xa tres días sen clase e non contan aínda cunha data de regreso segura.

Segundo fontes da Xunta consultadas por Europa Press, os falsos teitos danados xa foron retirados e que o xoves se revisará a situación para poder "tomar unha decisión de cara á xornada do venres". Así mesmo, Educación explicou que é a súa Unidade Técnica da provincia de Pontevedra a que leva a cabo un seguimento "directo" da situación das instalacións do colexio de Moraña "para que os alumnos poidan retomar as clases canto antes".

CPI Santa Lucía en Moraña
CPI Santa Lucía en Moraña | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta