Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2025 | Actualizada ás 11:31
O Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil localizaron o corpo sen vida do home que, na xornada do sábado, caeu da súa embarcación fronte á praia de Petís, en Bueu.
Segundo confirmaron fontes do operativo, a procura retomouse este domingo e o corpo do home foi atopado na zona onde desapareceu. O servizo marítimo da Garda Civil trasladouno a terra.
A alerta saltou na xornada do sábado, sobre as 14.10 horas, cando a central do 112 Galicia informou a Salvamento Marítimo sobre unha persoa que caeu dunha embarcación deportiva. Ata o punto mobilizouse Gardacostas de Galicia, Salvamento Marítimo, o helicóptero 'Pesca I', a patrulleira 'Río Luna' da Garda Civil. Alí, os efectivos localizaron a embarcación baleira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.