Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2021 | Actualizada ás 13:47
Os casos de Covid-19 detectados entre usuarios de residencias de maiores de Galicia aumentan a 46 tras rexistrarse 17 positivos na Val de Monterrei, na que hai 18 contaxiados.
Segundo informaron este xoves as consellerías de Sanidade e Política Social, en Galicia hai 46 casos de Covid entre usuarios concentrados en 10 residencias de maiores. Deles, 18 corresponden á Residencia Val de Monterrei (Ourense); 10, á Santo Estebo de Perlío de Fene (A Coruña); seis, á Vivenda comunitaria de Alfoz (Lugo); tres, á Residencia de Ribadeo (Lugo); dous, á Concepción Arenal da Coruña; outros dous, á Bo Día Magnolio de Vigo; e outros dous, á DomusVi Vigo.
A estes s suman un na Residencia Caser A Zapateira, outro na Residencia de Val do Dubra (A Coruña) e outro na Residencia de Chandrexa de Queixa (Ourense).
RESIDENCIAS DE DISCAPACIDADE
En canto ás residencias de discapacidade, mantéñense na Comunidade galega con 32 usuarios contaxiados concentrados en dous centros en Vigo e Sarria. En concreto, 31 positivos corresponden ao Fogar e Clínica San Rafael de Vigo e un ao CAPD de Sarria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.