O PSdeG acusa á Xunta de incumpriro protocolo de instalación de trampas velutinas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2024 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A portavoz de Agricultura do grupo parlamentario socialista, Lara Méndez, advertiu de que a Xunta incumpre o seu propio protocolo de instalación de trampas para velutinas. Tal e como trasladou o PSdeG nunha nota de prensa, a deputada lucense mantivo un encontro con apicultores de Lugo para analizar a situación xerada por esta praga e a resposta do Goberno galego de instalación de trampas que, asegurou, "son poucas, chegan tarde e quedan sen revisar".

Así, Lara Méndez alertou de que "de nada vale" o sistema de trampeo deseñado pola Xunta cando "nin eles mesmos seguen o seu propio protocolo" e, engadiu, ademais de colocar "menos da metade das trampas previstas, estas quedan revisar". Por iso, considera que é "inútil" para detectar o estado da praga.

Tamén advertiu de que mentres o PP fala de "un global de 17.000 trampas instaladas", son "menos da metade das 40.000 que anunciaba o propio director xeral de Gandería". En concreto, a parlamentaria afirmou que a instalación foi "especialmente escasa" en municipios como O Incio, onde asegurou que montaron 21 das 67 previstas, así como en Lugo (67 das 393 previstas), Alfoz (cinco de 55) ou Santiago (86 de 641).

Ademais, sinalou que a instalación do trampeo chegou tarde, no mes de abril e cos niños de velutina xa construídos, e un mes e medio despois "aínda non fixeron a revisión", polo que "os datos recolleitos non servirán para nada". Por iso, Lara Méndez reclamou á Xunta que "atenda ás demandas do sector da apicultura" e constitúa un Comité Asesor con presenza de todas as administracións, entidades e sectores afectados para coordinar a estratexia e as prioridades de gasto na loita contra esta praga.

A deputada socialista Lara Méndez.. PSDEG
A deputada socialista Lara Méndez.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta