A cantidade recollida foi un 11% superior á do decenio 2015-2024, pero un 4% menos que a de 2023, que foi de marca. Con todo, os datos varían en función da denominación de orixe.
  comenta   0
O Concello de Sanxenxo establecerá unha nova liña de colaboración coa ONG ACCEM para facilitar a inserción laboral dos inmigrantes aloxados no municipio pontevedrés.
  comenta   0
O BNG demandou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación modificar o Real Decreto sobre as normas para a nutrición sustentable nos chans agrarios para que "se adapte á realidade galega"..
  comenta   0
O GC fala co xeógrafo e profesor da USC Rubén Lois González, que explica a conxunción de factores que desencadearon unha catástrofe de semellante magnitude en Valencia e que nos conta por que en Galicia non sería posible vivir algo así.
  comenta   0
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense pechou as portas da súa 25ª edición tras recibir a visita de 17.000 persoas e contar con 90 expositores e 5 países representados. Na xornada de clausura tivo especial protagonismo o rural galego.
  comenta   0
A conselleira lembra que no Consello da Xunta do pasado luns acordouse adiantar pagos da PAC por 45 millóns á próxima semana, centrados en produtores de vacún de leite e amas de cría
  comenta   0
Nancy Escalante é integrante do proxecto 'Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida'. Este é un proxecto realizado por 'Amigas da Terra Galicia' e 'Enxeñería Sen Fronteiras Galicia' coa financiación de Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Coa axuda de mulleres activistas e defensoras da vida e da terra hondureñas e galegas, dan a coñecer os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos extractivistas en Honduras e Galicia e "ofrecer alternativas sustentables para acadar outros camiños de produción e consumo"
  comenta   0
O pasado 13 de setembro, a Comisión autorizou a elevar ao 70 % o anticipo das axudas directas da PAC que os Estados membros que se abonan desde o pasado mércores, dados os problemas de liquidez aos que se enfrontan os agricultores e gandeiros, debido á climatoloxía desfavorable, os altos intereses financeiros e o encarecemento dos medios de produción.
  comenta   0
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, reclamou este martes á Consellería de Medio Rural que desbloquee os 2,8 millóns de euros que o Ministerio de Agricultura transferiu o mes pasado á Xunta e que convoque de forma urxente unha orde de axudas.
  comenta   0
O establecemento turístico da Cruz de Outeiro, en Quiroga, foi devastado por un incendio o 26 de setembro. Os emprendedores están decididos a reconstruír o seu proxecto e lanzan un chamamento á xenerosidade da comunidade a través dun crowdfundig.
Garantiu que se cumprirá o acordo de Goberno para que a 31 de decembro de 2025 "toda a poboación asalariada española, cunha afectación de máis de 12 millóns de persoas traballadoras, vexa reducida a súa xornada en dúas horas e media".
  comenta   0
Un proxecto do Campus Terra da USC está a testar a produción de huitlacoche, un alimento tradicional mexicano, a partir da inoculación dun fungo en mazarocas galegas que servirían para fornecer a cociña de autoría.
  comenta   0
O pasado ano recuperaronse 8.838 toneladas de aceites industriais usados. Son residuo perigosos pero pode ser aproveitado na súa totalidade e utilizado na fabricación de novos produtos, como bases lubricantes ou fuel BIA.
  comenta   0
O buque Miguel Oliver parte de Vigo para analizar recursos pesqueiros e fondos mariños durante 35 días.
Desde hoxe e ata o 21 de outubro, as empresas do sector agroalimentario poderán solicitar as novas axudas directas, que se adxudicarán por concorrencia simple.
  comenta   0
"Destaca a gran calidade da uva, grazas a un agosto caloroso, que permitiu a súa óptima maduración" indica Agustín Lago, director técnico da Denominación de Orixe Rías Baixas
  comenta   0
Federico Enguix, director de operacións de vitiDron, considera que "os drons permiten aos viticultores aforrar un montón de tempo, pois zonificando o espazo podemos dicirlle que zonas están ben e pode pasar máis por alto, e cales son nas que se debe concentrar", de tal maneira que "contamínase menos cos tratamentos e realízase menos gasto nos mesmos".
  comenta   0
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), o valor engadido bruto da rama agraria e pesqueira situouse nos 3.406 millóns de euros o pasado ano 2023, é dicir, o 4,5 % do PIB de Galicia nese ano (un crecemento do 7,6 % con respecto ao ano anterior). As pragas murchan a vide, as choivas asolagan os trigais e o quencemento das augas fai fuxir aos peixes.
  comenta   0
"Sabemos que esta obra ten que estar finalizada antes de xullo de 2026, como todas as obras do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia", dixo a secretaria de Agricultura e Alimentación, Begoña García
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que "é certo" que existe unha caída "xeral" do consumo de viño que "non é igual en todas as zonas" e que require que as administracións "boten unha man".
  comenta   0
UPA asegura que a dixitalización simplificará a toma de decisións e mellorará a xestión das explotacións agrícolas e gandeiras.
  comenta   0
O aumento dos accidentes mortais laborais está asociado a causas como infartos, derrames cerebrais, atrapamentos, e accidentes de tráfico, con notable incremento nos sinistros 'in itínere'.
  comenta   0