O SLG rexeita o acordo da UE e Mercosur por "privilexiar" o modelo agroindustrial

"Opómonos a este acordo polo impacto social e a negación da necesidade de sistemas alimentarios sustentables que representa, utilizando a alimentación como moeda de cambio" apunta o SLG

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2024 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) trasladou o seu rexeitamento ao acordo alcanzado pola Unión Europea para a firma do tratado de libre comercio do Mercosur.

Do mesmo afirma que "privilexia nos dous continentes o modelo agroindustrial en detrimento de as pequenas e medianas granxas e a agricultura labrega".

"Venden o sector agrario de pequenas e medianas granxas a cambio de garantirse no actual contexto xeopolítico minerais denominados como críticos como o litio e o níquel e empoderar as condicións sociais e laborais das traballadoras dos países do Mercosur entrando empresas de aquí na sanidade ou a educación privada".

"Opómonos a este acordo polo impacto social e a negación da necesidade de sistemas alimentarios sustentables que representa, utilizando a alimentación como moeda de cambio e negociacion no canto de contemplala como un dereito innegociable", sinala tamén a dirección do SLG.

Protesta de representantes do SLG polo acordo UE-Mercosur. SLG
Protesta de representantes do SLG polo acordo UE-Mercosur. SLG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta